Data: Sábado 2 de maio do 2015.
Hora: As 18:00 carreira absoluta, a partir das 18:45
categorias menores.
Lugar: No lugar de Campo de cortes, concello de Muros.
Distancia: 8000 metros.
Inscripción: Ata o 30 de abril. Ver no regulamento.
Organiza: A.C.R.D "O Rumial".
DESCRIPCIÓN
A A.C.R.D "O Rumial", organiza a VI Carreira
Popular do Espiritu Santo, o Sábado 2 de maio no lugar de Campo de Cortes, en
Muros.
RECORRIDO
A proba na categoria absoluta contara cun recorrido de 8000
metros, que discorrera por pistas forestais e asfalto.
INSCRIPCIÓN
No correo electronico carreirarumial@hotmail.com, ata o día
xoves 30 de abril as 22:00, facendo constar nome é apelidos, data de nacemento,
localidade de procedencia, e clube en caso de telo.
O precio da inscripción será dun kilo de comida non
perecedeira que se entregara no momento de recollida do dorsal. A comida que se
recolla será doada na sede de "Caritas" en Muros.
Poderase retirar os dorsais ata 15 minutos antes do inicio
da carreira.
CATEGORIAS E PREMIOS
- 0-4 anos: (80m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas
para o resto dos participantes.
- 5-8 anos: (350m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas
para o resto dos participantes
- 9-12 anos: (800m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas
para o resto dos participantes.
- 13-15 anos: (1200m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas
para o resto dos participantes.
- 16 en diante: (8000m)
Trofeos para os tres primeiros clasficados/as.
Trofeo para o primeiro clasificado maior de 50 anos que non
gañase trofeo na categoria absoluta.
Trofeo para a primeira clasificada maior de 45 anos que non
gañase trofeo na categoria absoluta.
Trofeo para o primeiro clasificado menor de 23 anos que non
gañase trofeo na categoria absoluta.
Todo corredor que remate a proba sera obsequiado coa
camiseta conmemorativa da proba.
- O rematar a proba haberá un completo avituallamento para
tódolos participantes.
- Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de
"Miraflores".
- Dado o espírito deportivo da proba non se admitirán
reclamacións.
- A organización non se fai responsable dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes da
carreira.
- A organización da proba reservase a facultade de decidir
sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
0 comentarios:
Publicar un comentario